O 26 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.

domingueo_ribadeo_21abril

Este vindeiro domingo o grupo Gemtonics actuará a partires das 13:00 horas na rúa Rosalía de Castropara animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.

Ata xullo a música chegará tamén á rúa San Roque o 2 de xuño, á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.