O 24 de agosto terá lugar en Ribadeo a II Festa da Ría, que poñerá en valor produtos do mar.

O alcalde, Dani Vega, anima a achegarse á lonxa para gozar desta cita.

O rexedor contou que “este sábado vaise celebrar a segunda Festa da Ría. En primeiro lugar, o que temos que facer é agradecer todo o traballo que está facendo a asociación Catro Canos, tamén todo o sector mariñeiro de Ribadeo, á lonxa, ese gran impulso que nos deu e desde logo coa colaboración institucional neste caso da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería do Mar”.

O alcalde indicou que “todo o traballo que se está a facer ten varios obxectivos, o primeiro deles é apoiar, sen lugar a dúbida a un sector, apoiar tamén a uns produtores, a ese produto de proximidade e desde logo todo o sector creo que hai que respaldalo con accións e qué mellor que poñer en valor un produto da nosa ría”.
Vega subliñou “a colaboración da Xunta de Galicia para financiar este evento. Van chegar foodtracks para promocionar o produto de toda Galicia, Galicia Sabe a Mar, e desde logo esta coordinación entre o sector, a asociación Catro Canos, que tamén está colaborando e está poñendo da súa parte para que distintos eventos teñan esa dimensión desde un punto de vista turístico e desde un punto de vista cultural. E desde logo nós agradecemos que toda esta colaboración co Concello, co sector, en definitiva, para promocionar tamén un produto e sen lugar a dúbida o noso Ribadeo”.

O rexedor anima a asistir á II Festa da Ría: “este sábado creo que nos debemos achegar todos ao porto, á lonxa concretamente, para degustar un produto, para promocionar a nosa ría, para unirnos cada vez máis con esta ría que nos representa a todos, e para apoiar e estar sempre ao lado dos produtores dun sector tan importante como é o sector pesqueiro”.