O 14 de novembro arrinca unha nova edición do proxecto “Saúde e Emerxencias” en varios centros de ensino de Ribadeo e da Pontenova
O vindeiro xoves, 14 de novembro, arrinca unha nova edición do proxecto Saúde e Emerxencias en varios centros de ensino de Ribadeo e da Pontenova. Está organizado pola Concellaría de Benestar Social, Saúde e Familia dentro das actividades do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos.
Saúde e Emerxencias é dun programa que xa se realizou o curso pasado e que se leva a cabo coa colaboración de Camilo Vázquez Corveiras, enfermeiro, coordinador autonómico de SEMES RCP e instrutor de Soporte Vital Avanzado.
A edil Elena Sierra explica que “se abordarán contidos como a información sobre o alcohol e o cannabis, como axudar ante un caso de intoxicación por alcohol ou cannabis, como activar o servizo de emerxencias médicas (061) e como usar un desfibrilador (Soporte Vital Básico). A metodoloxía a empregar serán audiovisuais e prácticas co desfibrilador para todo o alumnado. Por ese motivo as sesións durarán 2 horas para cada grupo natural de aula”.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia agradece o traballo que está a realizar nos centros de ensino de Ribadeo e da contorna por parte do Programa de Prevención de Ddrogodependencias e outros Trastornos Aditivos.
Participarán nesta nova edición de Saúde e Emerxencias 164 alumnas e alumnos de 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros; 1º E 2º de FP Básica do CIFP Porta da Auga; 4º da ESO do Colexio Sagrado Corazón; e 4º da ESO do IES Enrique Muruais, de A Pontenova.
O programa, que da comezo este xoves na Pontenova, estenderase durante o mes de novembro polos distintos centros de ensino participantes, traballando en grupo natural de aula (máximo de 25 alumn@s) para que tod@s poidan aprender a facer RCP.