O edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, sinala que “os que temos agora están nun estado deplorable e queremos ir mellorando pouco a pouco o servizo de limpeza viairia”.

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publica hoxe a resolución do Concello de Ribadeo pola que se anuncia o procedemento aberto para a enaxenación como ben non utilizable dese camión basureiro marca Pegaso matriculado no ano 1989. O prezo mínimo que se establece na oferta é de 1.300 euros. Os interesados poden presentalas súas no Concello de Ribadeo durante dez días naturais, desde o seguinte (é dicir desde mañá) á publicación deste anuncio no BOP.