44 equipos procedentes de Galicia, Asturias e Cantabria disputarán o torneo alevín e 5 equipos de Asturias e Galicia o miniprebenxamín. Desde a organización subliñan que “das 18 edicións que levamos é o ano no que se dan cita máis clubs de alevíns”. 

Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no Ceip Gregorio Sanz. 

No acto de presentación participaron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; o técnico de Deportes, Iván López; a deputada responsable da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; e o coordinador deportivo da SD Ribadeo, Donato.