O rexedor dixo que “volve estar de actualidade Ribadeo neste caso coa inauguración desta importante superficie comercial de Mercadona que abre as súas portas en Vilar, na Avenida da Ría de Ribadeo. Supón unha contribución tamén moi importante para o tecido socioeconómico de Ribadeo e da comarca. Consolida a Ribadeo como un referente comercial impresionante, exceptuando cidades de 100.000 habitantes, que se atopan a unha hora e pico de Ribadeo, non hai ningunha outra localidade con moito respecto para todas elas, que lle faga fronte a esta diversidade de produto e de oferta”.

Fernando Suárez engadiu que “iso tamén é un aliciente para vir a Ribadeo como tamén é un aliciente os postos de traballo, que de maneira neta, xeraron aquí aproximadamente 30 e dos que unha gran parte deles son xente de Ribadeo, que vive en Ribadeo ou na contorna”.

O alcalde indicou que “como goberno municipal de Ribadeo estamos satisfeitos. O outro día dixemos que estábamos satisfeitos coa reinaguración do Eroski á que fomos convidados tamén, e hoxe loxicamente aquí. Sabemos que hai competencia entre eles, pero supoño que a competencia é boa, para o cliente é bo”.

Suárez Barcia manifestou que “hai moita xente que acabará achegándose a Ribadeo que aínda non coñecía, e supoño que isto é un aliciente. Ribadeo ten moitas eivas, que temos que seguir mellorando día a día, pero tamén ten alicientes moi positivos como é o de ser unha pequena cidade entre Avilés e Ferrol”.

Ao acto de inauguración de Mercadona asistiron outros membros do equipo de goberno, así coma concelleiros doutras formacións políticas.