<p>Novo conato de incendio nas Aceas, na parroquia ribadense de Ove. Nesta ocasión o lume afectou afortunadamente a pouca superficie e puido ser sofocado por Protección Civil. Todo apunta a que o incendio foi intencionado, ao igual que os rexistrados nesa zona en varias ocasións ao longo dos últimos meses. O autor ou autores sempre elixen días de bo tempo e con algo de vento para levar a cabo este tipo de accións. </p>