O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “neste caso o lume localizouse entre a estrada e a vía do tren de Feve”.

Para o rexedor “isto é o colmo. Levamos varios incendios nesta zona, todo apunta a que foron intencionados. As forzas de seguridade están a investigar o sucedido e agardamos que pronto dean co autor ou autores do acontecido e que reciba o castigo que merece”.