Suárez Barcia referíuse hoxe de novo “á situación deste accidente que se producía na tarde de onte, pero que xa é o enésimo que se rexistra nun treito moi concreto da estrada Reme-Vilamar, vía de titularidade autonómica. Xa hai tempo que lle indicamos á Xunta que procedía poñer unha bionda ou unhas bandas de protección porque o día menos pensado imos ter unha víctima mortal xa que os coches caen por un barranco moi fondo e ao final hai un rego. De momento todos os sinistros se están saldando con danos materiais, pero calquera día pode pasar algo máis grave”.

O rexedor descoñece “cantas veces temos que advertir do perigo desta situación para que se tomen medidas por parte de quen as ten que levar adiante que é a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Agardo que sexa a última vez que desde o Concello de Ribadeo enviamos un requerimento deste tipo porque o día menos pensado vai haber que lamentar unha víctima mortal e alguén se terá que facer responsable”.