Concello de Ribadeo
28 Outubro, 2008
As Catedrais e os Castros reciben o distintivo Q de Calidade Turística
Os dous areais ribadenses foron distinguidos polo Instituto para a Calidade Turística Española grazas aos sistemas de calidade implantados pola Concellería de Medio Ambiente.
28 Outubro, 2008
Chega a Ribadeo a exposición ‘Os tempos son chegados’
Desde hoxe e ata o 15 de outubro pode verse na oficina de turismo de Ribadeo esta exposición que organizou a Vicepresidencia da Xunta con motivo do centenario da primeira interpretación do himno…
28 Outubro, 2008
O Concello reforza as actividades dirixidas á poboación inmigrante
Impartiranse clases de galego, español, informática e reforzo educativo, ao tempo que se celebrarán os segundos encontros gastronómicos interculturais.
22 Outubro, 2008
O Pleno aproba por unanimidade o proxecto de saneamento de Piñeira
O alcalde agarda que Augas de Galicia execute de forma íntegra o orzamento de 200.000 euros previsto para esta actuación.
22 Outubro, 2008
O Concello volve a poñer en marcha o sistema de bonos-axuda para conciliar a vida familiar e laboral
Estes bonos sugragano 50% do custo dos servizos que contemplan e poden solicitarse xa no Centro de Información ás Mulleres ou na Oficina de Inmigración.
22 Outubro, 2008
O concelleiro de Medio Ambiente fai un chamamento á cooperación cidadá na recollida selectiva de lixo
Ecoembes, encargada de controlar e xestionar a recollida dos embases lixeiros, informou de que no mes de abril a porcentaxe de impropios foi dun 26,71%. De superar o 30% o Concello sería sancionado.
16 Outubro, 2008
Costas destinará 150.000 euros para recuperar a ruta do tren mineiro entre Ribadeo e Trabada
O investimento irá destinado á redacción dun proxecto para recuperar unha ruta que estivera en funcionamento ata 1964 e que serviría agora a reforzar o turismo ribadense.
16 Outubro, 2008
Portos de Galicia acometerá obras por importe de 530.000 euros no peirao de Porcillán
O Concello de Ribadeo amosa a súa satisfacción trala adxudicación destes traballos que servirán para mellorar a seguridade viaria na zona e ampliar o número de atraques no porto.
15 Outubro, 2008
‘Xantar sobre rodas’ chega aos 40 usuarios/as nas primeiras semanas de implantación
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fixo balance do funcionamento dos servizos sociais do Concello e da boa acollida que está a ter este programa.
15 Outubro, 2008
Comezaron as obras de instalación do ascensor da Atalaia
A Dirección General de Costas achega 1,4 millóns de euros para estas obras, que teñen un prazo de execución de 10 meses.