Concello de Ribadeo

Comeza o Festival Internacional de Música Clásica

A terceira edición do festival que dirixe Leopoldo Erice ofrece aos/ás ribadenses música e danza clásicas desde unha óptica didáctica e con actuacións pensadas para todo tipo de público.

O Concello comeza a implantar a zona azul no centro da vila

A rúa Doutor Moreda e as proximidades da praza de abastos van ser as primeiras zonas nas que o Concello de Ribadeo vai poñer en marcha o sistema de estacionamento gratuíto por tempo limitado. Este…

O sistema de recollida de vidro "Alehop" comeza a instalarse en Ribadeo

Cinco colectores de vidro pensados especialmente para que facilitar a reciclaxe aos hostaleiros serán instalados en Ribadeo. Xa hai nove establecementos adheridos ao novo sistema.

O Concello e Cultura colaborarán na rehabilitación da Torre dos Moreno

A Torre dos Moreno vai atravesar un novo proceso de restauración que vai afectar á súa estrutura e á súa cuberta. O alcalde da vila, Fernando Suárez, e a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo…

"A todo tren" leva aos maiores á feira de mostras de Ferrol

Un grupo de tres centenares de xubilados saía hoxe ás oito da mañá en tren cara a Ferrol. A agarda por eles un xantar seguido de baile e a visita á Feira Internacional de Mostras do Noroeste.

Cupeiro desmente que as XII Xornadas Mediambientais non vaian a contar cun crédito de libre configuración

Horacio Cupeiro afirmou contar cun documento asinado polo Vicerreitor que garante o cómputo das Xornadas Medioambientais cun crédito de libre configuración.

A festa do percebe de Rinlo terá lugar o 9 de agosto

Hoxe presentouse no Concello a celebración da quinta edición da Festa do Percebe en Rinlo. Fernando Suárez aproveitou a presentación para recoñocer o ariscado labor das percebeiras.

Os/as ribadenses presentan máis de mil alegacións ao PXOM

O rexistro de entrada do Concello contabilizou un total de 1.157 alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal durante os tres meses que estivo exposto publicamente. Arredor do 60% destas foron…

O Concello desautoriza o paso de camións de grande tonelaxe polo camiño municipal de Ribadeo a Reinante

O treito de camiño que vai de Ribadeo a Reinante deberá ser cortado. Fernando Suárez deu esa orde ante a negativa dos camioneiros que traballan na autovía A-8 a depositar unha fianza para cubrir…

Inaugúrase no forte de San Damián a exposición ‘Olladas de Muller’

Os departamentos da Muller dos concellos de Ribadeo, Vilar de Santos e a Illa de Arousa, en colaboración co Observatorio da Mariña pola Igualdade e Mr Misto Films, participan na posta en marcha desta…