Concello de Ribadeo

Este venres, 21 de marzo, comezan os Encontros de Familias

Este venres, 21 de marzo, comezan os Encontros de Familias Ribadeo 2025. A xornada estará dedicada á educación emocional.

170325 ENCONTROS FAMILIAR 25

Ribadeo recoñeceu os éxitos dos seus deportistas na gala celebrada onte

Foron 506 rapaces e rapazas os homenaxeados de 16 modalidades deportivas.

Gala do Deporte Ribadeo 1

O 22 de marzo terá lugar o II Torneo de Mus da Mariña Vila de Ribadeo

O pub Ribanzo acollerá o vindeiro 22 de marzo o II Torneo de Mus da Mariña Vila de Ribadeo, que reunirá a 40 parellas desde as 10 da mañá.

O 22 de marzo terá lugar o II Torneo de Mus da Mariña Vila de Ribadeo

Preto de 500 alumn@s de Primaria dos centros de ensino de Ribadeo pasarán durante dúas semanas pola Biblioteca Municipal El Viejo Pancho para participar nun escape room con Rosalía de Castro como protagonista.

Este martes deu comezo na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho un Escape Room dirixido ao alumnado de primaria dos centros educativos, dentro do programa O Concello cos coles.

Biblioteca Municipal El Viejo Pancho un Escape Room

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo continúa coa programación anual a través das clásicas audicións, que se desenvolverán de marzo a xuño.

Dende a vindeira semana e ata o mes de xuño a EMMeD de Ribadeo ten programadas un total de once audicións, dirixidas a toda a cidadanía.

Cartel Audicións marzo 2025 EMMeD Ribadeo 1

Presentación do Observatorio Cidadán da Biodiversidade de Ribadeo

🌿O vindeiro luns 24 de marzo ás 19:30 h, terá lugar no Salón dos Alcaldes a presentación do Observatorio Cidadán da Biodiversidade de Ribadeo.

Presentación OCB Ribadeo 24 marzo

Ribadeo recibe 300.000 euros de fondos europeos destinados a incrementar a superficie e a mellora da conectividade no litoral.

O alcalde, Dani Vega, destaca a importancia deste investimento e as xestións realizadas para conseguilo.

Súmate á experiencia do teatro co CIM!

Dentro da programación do 8M en Ribadeo, organizamos unha saída especial para asistir ao espectáculo "A burra, a mesa e o pau" do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela.

Bus teatro a burra, a mesa e o pau Ribadeo

O vindeiro domingo, 16 de marzo, terá lugar o II Trofeo Máster Vila de Ribadeo.

O evento, que está organizado polo Club Ciclista Eo e polo Concello de Ribadeo, foi presentado no Pazo de Ibáñez.

Foto presentación Máster Vila de Ribadeo