Concello de Ribadeo

O Concello pon en marcha unha Oficina de Rexistro, que lle permitirá á veciñanza obter in situ o seu certificado dixital.

O alcalde, Dani Vega, subliñou que Ribadeo será o primeiro municipio de toda a provincia en contar con este servizo. 

A directora de Coeduca, Pilar Porral, a Consultora encargada da elaboración do IV Plan de Igualdade, informou os asistentes sobre o progreso do plan

Actualmente, atópase na fase de diagnose, onde se recompilou información sobre a situación inicial do municipio. 

O Concello, pon en marcha o curso oficial de Monitor/a de actividades de tempo libre acreditado pola Xunta de Galicia

Se desenvolverá durante os meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro. 

O 8 de outubro terá lugar a xornada de exaltación do pemento de Piñeira no Mercado dos Domingos

Haberá unha proxección, unha exposición, unha mostra degustación, tapiñas nos locais hostaleiros da contorna e música. A cita foi presentada pola concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.……

Comezaron os traballos de baleirado do mobiliario no Hospital Asilo, paso previo ao inicio da reforma do inmoble, que o alcalde considera fundamental para Ribadeo.

Comezaron os traballos de baleirado do mobiliario no Hospital Asilo, paso previo ao inicio da reforma do inmoble, que o alcalde, Dani Vega, considera moi necesaria e fundamental para Ribadeo. 

O Concello instalou unha caseta de lectura na zona de xogos infantís do parque de San Francisco.

Foi deseñada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras e será un espazo solidario de intercambio de libros que transmita a maxia pola lectura a toda a cidadanía, especialmente ás nenas e aos nenos.……

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo inicia o curso 2023/2024 con 372 alumnos e alumnas matriculados

Dato que a converte no centro destas características con maior número de persoas matriculadas na comarca da Mariña e no occidente asturiano. 

Do 5 ao 16 de outubro estará aberto o prazo de inscrición no programa Preto de ti, do Concello de Ribadeo, destinado ás persoas maiores das parroquias e da vila.

Poderán participar en manualidades, estimulación cognitiva, tecnoloxía móbil, ximnasia de mantemento, lectura e escritura creativa. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena…

O Concello de Ribadeo aforrará 160.000 euros grazas ás xestións realizadas ante a Xunta de Galicia

Así o subliñou o alcalde, Dani Vega, tras a comisión de asuntos de pleno celebrada na xornada de onte.