Concello de Ribadeo

O Concello organiza unhas Xornadas de Defensa Persoal para Mulleres, que terán lugar en novembro.

Ademais para o 25N están programadas a proxección de Matria e a representación de Miss España, entre outras actividades.

A Pancha, a moeda local de Ribadeo, xa está na rúa desde onte. 50 persoas xa gastaron 1.975 panchas no primeiro día da campaña

A Pancha, a moeda local de Ribadeo, xa está na rúa desde onte. 50 persoas xa gastaron 1.975 panchas no primeiro día da campaña, segundo os datos facilitados hoxe polo alcalde, Dani Vega. 

O alcalde pide tranquilidade á poboación, tra a chegada a Ribadeo do lume que onte pola tarde se iniciaba no veciño concello de Trabada. Neste momento hai varias parroquias afectadas.

O rexedor dixo que “a situación é dramática e complexa, pero o que pedimos é tranquilidade a toda a poboación. Desde o Concello de Ribadeo estamos a poñer todos os medios necesarios e tamén…

A Pancha, a moeda de Ribadeo, entrará en circulación o vindeiro domingo, 15 de outubro. Máis de 100 negocios locais participan na quinta edición nesta campaña.

A Pancha, a moeda de Ribadeo, entrará en circulación o vindeiro domingo, 15 de outubro. Máis de 100 negocios locais participan na quinta edición desta campaña, segundo os datos ofrecidos hoxe polo…

O pleno do Concello aprobou unha modificación de crédito por importe de 160.000 Euros e a actualización da ordenanza municipal reguladora das axudas para a conciliación da vida laboral e Familiar

No pleno da Corporación Municipal de Ribadeo, celebrado onte, foron aprobadas unha modificación orzamentaria por importe de 160.000 euros e a actualización da ordenanza municipal reguladora das…

O IV Plan de Igualdade de Ribadeo estará rematado a principios do vindeiro ano.

O Salón de Plenos do Concello de Ribadeo acolleu hai uns días unha xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero. A sesión abordou cuestións como a…

Presentación do libro "En Brandán" de Lucía Ferro.

Venres 13 de outubro ás 20.00h no primeiro andar da Casa do Viejo Pancho. 

O Concello leva adiante unha campaña de desratización na zona vella de Ribadeo e tamén en Rinlo.

O alcalde, Dani Vega, asegurou que hai un problema importante de roedores que hai que erradicar. 

Animada xornada de exaltación do pemento de Piñeira esta mañá no Mercado dos Domingos en Ribadeo.

Houbo Conversas na cortiña coas produtoras e produtores; mostra degustación do pemento de Piñeira a cargo de Mar Orosa, cociñeira do restaurante El Oviedo; e concerto con Paraíso Canto.