Concello de Ribadeo

O alcalde de Ribadeo reclámalle ao goberno do Estado investimentos “nunha rede fundamental como é a ferroviaria”

Dani Vega participou nun acto na estación de Feve xunto a deputados, senadores e rexedores dos concellos polos que pasa tren pola Mariña.

O Concello está a licitar as obras do Plan Único da Deputación por importe de máis de 362.000 euros, destinado a mellorar infraestruturas nas parroquias ribadenses

O rexedor contou que “desde o Concello estamos a licitar as obras do Plan Único da Deputación de Lugo. Imos investir mais de 362.000 euros en mellorar as infraestruturas das nosas parroquias”.

Programa cultural FalaRedes en Ribadeo

Os Bolechas o vindeiro 31 de outubro ás 17:30h no Auditorio Municipal Hernán Naval

Ribadeo inaugurou a primeira bibilioteca rural en Cinxe, que conta cun fondo de mil libros

O acto de inauguración, na antiga escola desta parroquia, contou coa presenza da concelleira de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade, Begoña Sanjurjo.

Dani Vega fai unha valoración moi positiva da xuntanza mantida coa Consellería de Medio Rural tras os incendios do pasado 12 de outubro

O rexedor subliña o respecto institucional absoluto e a colaboración entre todas as administración: Xunta e Concellos de Trabada, Foz e Ribadeo.

A XX Mostra de Teatro Daniel Cortezón celebrarase do 27 ao 29 de outubro no auditorio municipal de Ribadeo

O evento foi presentado pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e pola viúva do dramaturgo ribadense, Mati González.

Curso gratuíto sobre competencias dixitais na Aula ceMIT de Ribadeo

Dende o día 6 ata o día 26 de novembro

Inauguradas as obras realizadas na rúa Luz Pozo Garza. O investimento ascendeu a 200.000 euros

Hoxe foron inauguradas as obras realizadas na rúa Luz Pozo Garza. O investimento ascendeu a 200.000 euros. Ao acto asistiron o alcalde, Dani Vega, e o deputado de Medio Rural, Dani García, así coma…

O Concello inviste no deporte local máis de 120.000 Euros. O alcalde, Dani Vega, destaca "o gran respaldo económico e o apoio técnico" aos clubs.

O salón de plenos acolleu o acto de sinatura dos convenios entre o Concello e os clubs deportivos locais. A partida destinada a este fin é de máis de 120.000 euros. Ao acto asistiron o alcalde, Dani…