Concello de Ribadeo
4 Abril, 2025
A Xunta formará a 23 socorristas en Ribadeo de abril a xuño. Este é o único Concello da provincia que acollerá este curso.
O curso consta de 120 horas, das que 60 son de teoría e 60 de práctica. A formación será impartida as fines de semana de abril, maio e o primeiro de xuño.
3 Abril, 2025
O auditorio municipal acolleu o evento Ribadeo 20/25 para celebrar o vinte aniversario da declaración de Ben de Interese Cultural e o vixésimo quinto da declaración de destino turístico.
Houbo amenización musical, agasallos conmemorativos así como a proxección dun vídeo con todas as potencialidades turísticas de Ribadeo.
2 Abril, 2025
Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica correspondente ao ano 2025
O prazo de ingreso en período voluntario empezará a contar o 15 de abril actual e rematará o 16 de xuño de 2025 ambos os dous inclusive.
31 Marzo, 2025
Todo está listo para a celebración de Ribadeo 20/25. O acto do vindeiro xoves, 3 de abril, no auditorio municipal será conducido polo xornalista Fabián Pérez.
O alcalde, Dani Vega, contou que “todo está preparado para celebrar Ribadeo 20/25. Vinte anos de BIC, Ben de Interese Cultural, pobo declarado con ese patrimonio ben conservado".
29 Marzo, 2025
Ribadeo solicita unha subvención á Xunta para realizar arranxos na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho.
A falla de mantemento ao longo dos últimos anos ocasionou humidades e desconchados na pintura da fachada, entre outros problemas.
28 Marzo, 2025
Ribadeo é un dos Concellos da provincia que recibe máis fondos europeos.
Así o ven de subliñar o alcalde, Dani Vega.
27 Marzo, 2025
O alcalde de Ribadeo participa en Logroño na xuntanza da comisión de políticas integrais de discapacidade.
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, participa hoxe en Logroño na xuntanza da comisión de políticas integrais de discapacidade.
27 Marzo, 2025
Ribadeo acollerá o 30 de marzo o XXVII Torneo de Ximnasia Rítmica, que organizan o club local Escola Porta Norte e o Concello.
O evento reunirá a preto de 700 ximnastas.
26 Marzo, 2025
Ribadeo celebrará o 25 aniversario como destino turístico e os 20 anos como Ben de Interese Cultural o vindeiro 3 de abril nun acto que contará coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
O evento terá lugar no auditorio municipal.
25 Marzo, 2025
Non haberá Queima do Antroido en Ribadeo.
Así o decidiron esta mañá a comisión organizadora e o Concello, que explican que “tras dous aprazamentos por mor do vento e da choiva, chegamos á conclusión de que estamos moi fóra de data para…