Concello de Ribadeo

Pago a provedores

O Concello pagou aos seus provedores desde que se decretou o estado de alarma por parte do Goberno facturas por un importe acumulado de máis de 395.000 euros.

Reparto de alimentos

O Concello adquiriu 12.000 quilos de alimentos non perecedoiros para repartir entre as familias con menos recursos de Ribadeo. A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire Rancaño, lembrou que…

Ribadeo queda na casa

Baixo o cancelo de #Ribadeoquedanacasa agrúpanse as actividades que vinculan directamente as áreas diferentes de traballo do Concello de Ribadeo e as persoas usuarias.

Ribadeo Agroalimentario

O concello de Ribadeo pon en marcha unha iniciativa para fomentar unha alimentación de proximidade na vila ante a situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo coronavirus.

Máis desinfección

O Concello reforza desde hoxe as tarefas de limpeza e desinfección nas rúas e beirarrúas que rexistran un maior tránsito de xente e nas zonas máis sensibles. A barredora, o camión contra incendios e…

Desinfección nas residencias de maiores

Estes días realízanse tarefas de desinfección interior e exterior na nova residencia de maiores e no hospital asilo. Trátase de medidas de prevención e de precaución fronte ao coronavirus, segundo…

Reparto a domicilio da praza de abastos

As praceiras e praceiros do mercado de abastos de Ribadeo farán reparto a domicilio durante o estado de alarma. Trátase dunha campaña que pon en marcha a Concellaría de Desenvolvemento Local en…

En forma desde a casa

O Concello de Ribado e BeOne poñen a disposición dos veciños e das veciñas unha aplicación gratuíta para adestrar e manterse en forma desde a casa nesta época de confinamento. Así o anunciou hoxe o…

Material contra o Covid-19

O alcalde, Fernando Suárez, subliña que "o equipo de goberno do Concello está ao que ten que estar neste momento, que é a defender e a coidar á poboación de Ribadeo fronte ao Covid-19".

Guía sobre o Covid-19

O Concello de Ribadeo ofrece unha guía informativa sobre o Covid-19. Está dirixida á veciñanza, ás empresas e aos/ás traballadores/as. Deuno a coñecer hoxe o concelleiro de Desenvolvemento Local.……