Concello de Ribadeo

Datos coronavirus

En Ribadeo segue habendo tres positivos por coronavirus e 18 persoas en seguimento nos seus domicilios, segundo os datos que hoxe recibiu o Concello desde a Consellería de Sanidade.

Estamos listos

A Área de Turismo e Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo ven de lanzar unha nova campaña publicitaria baixo o lema Estamos Listos, que se apoiará en varios soportes promocionais. O obxectivo…

25 de xullo, Día Nacional de Galiza

A poucas horas da celebración do Día Nacional de Galiza o alcalde, Fernando Suárez, asina un Bando no que di que "debemos ter cautela na celebración, mais ser efusivos e efusivas na fraterniade". O…

Baixan os contaxios por Covid

Descenden os contaxios por Covid en Ribadeo. De catro que había na xornada de onte pasan a tres. Os contactos en seguimento seguen en 20.

Constrúe na casa

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo anima a participar no campamento tecnolóxico Constrúe na casa. Está dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos e o prazo de inscrición remata o vindeiro luns, 27…

Obras para Marelle

O Concello de Ribadeo sacou a licitación polo procedemento aberto simplificado as obras de ensanche e reforzo do firme da estrada no núcleo de Marelle, na parroquia de Covelas.

Ampliación horaria na hostalería

O alcalde, Fernando Suárez, referiuse á xuntanza mantida esta mañá con responsables de Sanidade. O rexedor subliñou que baixan un pouco os contaxios en Ribadeo pasando de 5 a 4. E asegurou que se…

Novas prazas de aparcamento

O Concello realiza obras para a creación de 365 novas prazas de aparcamento gratuíto na vila. Estarán situadas nas inmediacións da estación de autobuses e na rúa Ramón González. O Concello amplía en…

Suben os contaxios

Ribadeo ten hoxe cinco casos positivos por coronavirus e dezanove persoas en seguimento. Así o reflicten os datos que a Consellería de Sanidade lle facilitou ao Concello.

Melloran os datos en Ribadeo

Baixan a 10 os contactos en seguimento en Ribadeo este domingo. Os positivos por coronavirus seguen a ser dous.