Concello de Ribadeo

Ribadeo, prepara o teu camiño

O parque de San Francisco acolleu esta mañá a presentación de Ribadeo, prepara o teu camiño, un catálogo interactivo de produtos e servizos para o peregrino no que participan medio cento de empresas…

Bandeira azul

Esta mañá foi izada a bandeira azul na praia das Catedrais. No acto interviñeron o alcalde, Fernando Suárez, e o presidente de Adeac, José Palacios.

Convocatoria para socorristas

O Concello de Ribadeo convocou hoxe, xoves, outras 5 prazas de socorristas acuáticos para as praias a xornada completa, que se incorporarán o día 16 deste mes.

Campaña de verán

O Concello de Ribadeo contratou a 35 persoas para a campaña de verán, que traballarán en socorrismo e atención sanitaria nas praias, información turistica, limpeza urbana e de praias e extinción de…

Limpeza viaria e xestión de residuos

O vindeiro 10 de xullo entrará en vigor a nova ordenanza de limpeza viaria e xestión de residuos de Ribadeo. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, subliña que os cans deberán ir sempre atados…

Almacén para alimentos

O Concello de Ribadeo realiza traballos para habilitar como almacén de alimentos un espazo anexo ao Centro de Día. O investimento ascende a 24.000 euros.

Novidades na EMMeD

Desde o vindeiro xoves, 1 de xullo, e ata as 14:00 horas do 15 de xullo estará aberto un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD no curso 2021/2022 para o novo alumnado.

Contedor co arco da vella

O Concello de Ribadeo súmase á campaña #OrgulloDeReciclarVidrio de Ecovidrio. Coma símbolo da iniciativa foi instalado na rúa San Francisco un contedor para a reciclaxe de envases de vidro decorado…

Inmobles de Bispo Veres

O Concello de Ribadeo vendeu os dous inmobles de propiedade municipal que tiña na rúa Vispo Veres, números 2 e 4. O importe obtido, máis de 61.000 euros, irá destinado a diferentes obras públicas,…

Antiga estación do tren mineiro

O Concello está iniciando os traballos de desbroce e acondicionamento dunha ampla área arredor da antiga estación do tren mineiro, onde se creará un novo aparcamento público de vehículos. O alcalde,…