Concello de Ribadeo

Límite de velocidade nas Zonas Cativas

A Concellaría de Obras rematou a sinalización vertical nas inmediacións dos centros de ensino nas denominadas Zonas Cativas, onde o límite de velocidade será de 20 quilómetros por hora.

Ribadeo prepara o teu camiño

O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu esta mañá a presentación do obradoiro Ribadeo prepara o teu camiño. Terá unha duración de nove meses e formará a 20 persoas en situación de…

Inscrición no Mercado de Nadal

Ata o 1 de novembro está aberto o prazo de inscrición para participar no XVI Mercado de Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 3 ao 8 de decembro.

Remataron os Mercados dos Domingos

Coa Festa dxs Produtorxs da Horta remataron onte os Mercados dos Domingos, que se viñeron celebrando na contorna da praza de abastos desde principios do pasado mes de xuño.

Actividades para os centros de ensino

O Concello deseñou unha proposta de actividades complementarias para todos os centros de ensino de Ribadeo para o curso 2021-22 como complemento do currículo educativo e co obxectivo de favorecer…

Novo alumeado en Picarolas

Remataron as obras de mellora do alumeado da rúa Picarolas, que supuxeron un investimento de 22.500 euros.

Festa da Horta

A Área de Desenvolvemento Local organiza a 18 Festa dxs Produtorxs da Horta que se celebrará o 10 de outubro e coa que rematarán por este ano os Mercados dos Domingos. Haberá esfollada do millo,…

Plenos de onte

O Concello acordou no pleno ordinario celebrado onte solicitarlle á Xunta a incorporación do conxunto histórico de Ribadeo ao plan Rexurbe e que non suprima nin total nin parcialmente os ensinos…

Escola de Rinlo

O Concello de Ribadeo asinou hoxe un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo, por importe de 23.600 euros, para o arranxo da escola municipal de Rinlo. 

Segunda poxa

O Concello ven de decretar unha segunda poxa pública á alza para a vivenda, o 50% do faiado e para o contido do inmoble, propiedade de Francisco Moreda Pérez, que decidiu deixar todos os seus bens,…