O edil nacionalista contou que “se trata dunha cesión que pasa a ser propiedade do Concello, é unha zodiac de cinco metros e pico para emerxencias. A anterior levaba prestando servizo durante quince anos e era unha necesidade imperiosa na que estábamos a traballar o equipo de goberno actual e o anterior,  estábamos carentes deste servizo”.

Díaz Freije dixo que “dado a orografía do noso Concello actuará para emerxencias na ría, nas praias e en todo o litoral marítimo no que podemos actuar. A verdade é que é unha dotación fundamental, estábamos algo precarios e a Xunta de Galicia agora pásanos en propiedade esta zodiac, que ten un motor de sesenta cabalos”.

O concelleiro ribadense cre que “é un equipamento co que agora Ribadeo pasa a estar en boas condicións para prestar ese servizo de emerxencias”.