Nova subvención da Xunta de Galicia para mellorar o parque infantil de San Miguel, que ascende a 40.000 euros.

subvención parque infantil san miguel

Nova subvención da Xunta de Galicia para mellorar o parque infantil de San Miguel, que ascende a 40.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, declarou: “hoxe anunciamos unha nova subvención que solicitamos ante a Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar o parque infantil de San Miguel. A subvención concedida é de preto de 40.000 euros para actuar en todo ese parque. Primeiro, retiraremos todos os xogos existentes. Vai ver un movemento de terras e así realizar a soleira de formigón, tamén a ancoraxe e a colocación de xogos novos e a realización de pavimento de caucho continuo. E para non ter ese impacto visual do formigón, colocarase céspede artificial no entorno dos xogos”.

O rexedor indicou que “o que queremos con isto é mellorar un parque infantil, pero seguir traballando e avanzando en mellorar todos os espazos verdes, os espazos deportivos e os espazos infantís, porque o que queremos é esa vila, ese concello que acolle e dende logo ter eses espazos ben conservados para as nosas nenos e nenas”.

Vega subliñou que “se trata dun orzamento moi importante, repito de 40.000 euros, para mellorar o parque infantil de San Miguel”.

Visitaron o parque de San Miguel o alcalde e o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos.