O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “se trata dunha pequena, grande inversión. Son aproximadamente 17.000 euros o custe desta segadora-desbrozadora”.

O rexedor dixo que “é un aparello moderno e de última tecnoloxía que sen dúbida vai vir reforzar e mellorar a eficacia máis a eficiencia no traballo de segado e desbroce de parques e xardíns, do campo de fútbol e das diferentes áreas deportivas, así como tamén das áreas recreativas e demais espazos de lecer tanto na vila como nas parroquias”.

Para Suárez Barcia “con boa e moderna maquinaria o traballo é moito máis solvente e a calidade é moito mellor. Sen dúbida non é esta a única maquinaria que debemos afrontar o seu cambio e a súa mellora nos próximos tempos. Iremos pasiño a pasiño para dentro de pouco ter un parque municipal de maquinaria acorde cos tempos”.