Desde o equipo de goberno sinalan que “agora hai que ir purgando pouco a pouco a tubería xeral, polo que é posible que algunhas zonas de Porto de Arriba, Porto de Abaixo e Ove, sufran cortes no subministro de auga ata mañá pola mañá”. E reiteran que “a tubería xeral é moi vella e por iso se están a producir estas incidencias que lamentamos”.

O alcalde, Fernando Suárez, volve a chamar a atención da Xunta de Galicia, “o goberno galego non se pode esquecer de Ribadeo, precisamos da súa axuda para acometer unha importante obra, como é a mellora desta rede xeral de abastecemento ao noso concello”. O rexedor engadiu que “ningún Concello por sí mesmo pode afrontar o custe dunha infraestructura coma ésta. Hai pouco que a Xunta financiou o custe do novo abastecemento de auga a Cervo e Burela, que supuxo un investimento duns 7 millóns de euros. E nós levamos anos demandando unha solución para Ribadeo, fixémolo cando estivemos no Concello co PSOE e nos máis de catro anos que levamos nós aquí. Ribadeo é unha pequena cidade e como tal queremos que se nos trate”.