No acto interviron: Salvador Alemany, presidente do Círculo de Economía; Pedro Calvo-Sotelo, diplomático; Juan-José López Burniol, notario; Joan Mas Cantí, socio nº 1 do Círculo de Economía e Miquel Roca i Junyent, socio e presidente de Roca Junyent.

A familia Calvo-Sotelo convidou ao rexedor ribadense a acudir ao acto que hoxe se desenvolve en Barcelona. Fernando Suárez xa asistiu a outras homenaxes realizadas ao que fora presidente do Goberno, coma á celebrada hai meses en Madrid. De todos é coñecida a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo con Ribadeo, era alcalde honorario, marqués da Ría de Ribadeo e recibiu a medalla de honra do Concello.

Desde o Círculo de Economía apuntan que “Leopoldo Calvo-Sotelo fue una de las personalidades más relevantes de nuestra transición política y consolidación democrática, asumiendo la Presidencia del Gobierno en unas circunstancias especialmente complejas y determinantes” e recoñecen que “Calvo-Sotelo se sintió, siempre, muy comprometido con el Círculo, del que fue socio desde inicios de la década de los 60”.