Dos 80 vendedores ambulantes que acuden de xeito habitual ao mercado dos mércores de Ribadeo, só quedan a día de hoxe, 6 pendentes de pagar as taxas de 2008. E do que vai deste 2009 só 15 teñen ao día os seus pagos, segundo os datos que deu a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor engadiu que “se lles notificou aos que teñen pendentes estes meses de 2009 para que se poñan ao corrente nos pagos”.

O mercado dos mércores celebróuse con normalidade, ainda que hoxe un vendedor tivo que marchar por non contar coa autorización correspondente para montar o seu posto e a semana pasada ocorréulles o mesmo a outros dous ambulantes.