O escrito que Ramón Cortés lle remite a Fernando Suárez di así: “en contestación ao escrito enviado por vostede a esta delegación provincial, infórmaselle que o expediente correspondente á subestación de Ribadeo, que se está a tramitar nesta delegación coa denominación de Subestación Ribadeo 132/20kV (Sistema 132/kV) e o número de identificación 36/2008 AT, se atopa en información pública e xa foi remitido a ese Concello para a súa exposición no Taboleiro de Edictos. Por outra banda o expediente 5/09 AT, correspondente á LAT 132 kV E/S Subestación Folgosa en Ribadeo, aínda non saiu a información pública, actualmente encóntrase á espera de que a empresa Viesgo achegue documentación pendente para continuar coa tramitación do mesmo, elaborando por esta delegación provincial o correspondente informe técnico”.