Fernando Suárez está disgustado coa actitude que o Ministerio de Fomento está a ter con esta vila despois de negarlle a construcción dun novo acceso desde A-8. O rexedor considera que “empezamos esta semana cunha mala noticia por parte do Ministerio de Fomento para con Ribadeo”. Suárez Barcia lembra que “nós plantexamos unha proposta que non foi outra que aquela que hai poucos meses a Corporación por unanimidade acordou dirixirse a Fomento para que estudiaran a posibilidade de construir un novo acceso a Ribadeo desde a autovía do Cantábrico, dado que actualmente desde Asturias en sentido Galicia hai dúas saídas e desde Galicia en sentido Asturias ó temos unha, que é a que está ás portas do que é o Ribadeo urbano, onde vai estar o polígono industrial”.

O rexedor engase que “fixemos de bó grao esta petición e eu mesmo lla transmitín en man á anterior ministra de Fomento na inauguración do tramo de Barreiros e agora vexo con desagradable sorpresa o desapego que ten Fomento con Ribadeo, dado que o venres me chegou un comunicado asinado polo enxeñeiro xefe da Demarcación de Estradas de Galicia diciendo que non hai lugar a esto. Recoñece que xa foi pedido ese acceso no 2004 e que agora de novo se volve a pedir e que xa foi denegado pola Dirección General de Carreteras”.

A Fernando Suárez esto parécelle “unha actitude desleixada por parte da administración periférica do Estado que chega a ser hostil con Ribadeo e eu creo que debemos contestar con tranquilidade e serenidade, pero con contundencia. E eu mesmo como alcalde de Ribadeo vou contactar con representantes do partidos políticos no Congreso para que a través dos seus grupos, PSOE, PP, BNG… presenten proposicións non de lei para que o Goberno do Estado lle faga caso a Ribadeo”. O alcalde di que “me parece que tendo que aguantar cos desperfectos que as obras da autovía lle ocasionaron a este concello e todas as voltas que tivemos que dar para que nos fixesen caso, e que agora vemos ademáis que non se dignan a estudiar un acceso central a Ribadeo, creo que teñen unha actitude un pouco desleixada con nós. E creo que non podemos permitir desde o punto de vista institucional e formal que esto aconteza en Ribadeo”.