Os patróns maiores das confrarías de pescadores de Burela e Ribadeo, Basilio Otero e Celia Pacio, participaron hai uns minutos na praza de abastos ribadense nunha charla coloquio titulada O noso peixe, temos que defender o noso. O acto enmárcase dentro da campaña de dinamización da praza de abastos que se presentaba a semana pasada. Nesta mañá tamén se desenvolve unha Fish Jam Session, cociña en directo a cargo do restaurante Casa Pepe na que interveñen os cociñeiros Felipe Barcia e Rafael Jiménez. Ao remate da sesión haberá unha degustación dos produtos que alí se cociñen.

Esta xornada de pesca sostible foi organizada pola Asociación de Profesionais e Vendedores da praza de abastos e pola Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo coa colaboración da Consellería de Economía e Industria.