<p>Veciños, veciñas, persoal do centro de saúde ribadense e o alcalde, Fernando Suárez, secundaron a concentración celebrada esta mañá en defensa da sanidade pública e para dicir “non, á supresión da área sanitaria da Mariña”. Desde hai un tempo vense celebrando esta movilización ás portas do centro de saúde de Ribadeo os mércores ás 12 do mediodía, atendendo así á convocatoria realizada pola plataforma en defensa da sanidade pública. </p>