A concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, explicou que “os usuarios e usuarias do centro de día de Ribadeo realizaron un mural no que se poden ver a Torre dos Moreno e o Pazo de Ibáñez, hoxe Casa do Concello”.

A edil nacionalista dixo que “onte viñeron colocar este mural que estará exposto na entrada do Concello, preto das escaleiras de acceso á primeira planta, ata finais do mes de agosto para que todas as persoas que o desexen poidan achegarse a velo”.

Para Sonia Meilán trátase dunha obra “moi bonita e ben merece a pena vir ao Concello a observalo”.