A concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “estaremos nun acto en Madrid avalado polos Ministerios de Sanidade e Traballo e creo que acudiremos a recibir esa certificación, a expoñer a política de igualdade do Concello de Ribadeo e tamén a difundir o noso concello”. A edil nacionalista considera que “se conseguimos esa certificación Ribadeo estará visible a nivel turístico xa que temos un tempo onde debemos levar a promoción e o coñecemento do noso Concello para facer esa presentación e outra parte importante será explicar o que facemos no noso concello pensando que somos un concello minúsculo para as dimensións dos outros participantes xa que nós temos 10.000 habitantes e os outros están en 80.000 ou 200.000…”.

Álvarez Lastra dixo que “neste proceso a Ribadeo se lle facilitou estar porque era interesante non só ver as políticas e a xestión dun modelo de certificación de calidade para concellos de grandes dimensións que sempre é máis fácilmente aplicable. Éramos atípicos e temos que dar as grazas á Fundación porque nos deron un montón de facilidades para que puidéramos asistir e entendemos que todo esto marca un punto importante xa que haberá proxectos, subvencións, opcións de actividades… que esixan nun determinado momento que os Concellos estean adheridos ou sempre teremos nós unha puntuación superior cando optemos a determinados proxectos por contar este certificado”.

Este Modelo de Municipio Familiarmente Responsable constitúese como ferramenta da alcaldía para extender e implantar os contidos de distintas políticas formais, consideradas familiarmente responsables: estabilidade no emprego, flexibilidade laboral, apoio profesional, apoio á familia, conciliación e apoio á integración e á igualdade de oportunidades, especialmente de xénero. Segundo explicou Luisa González,  responsable técnica do MFR, “para levar a cabo esta implantación e a súa eficacia precísase da participación de todos e todas, dando a coñecer as necesidades existentes e puntos de mellora, para o cal realizaránse enquisas en todos os sectores durante o presente e o vindeiro ano”.