Os encargados de facer entrega do galardón son o secretario general de Política Social y Consumo, Francisco Moza, e o presidente da Fundación Más Familia, Antonio Trueba. O acto, que terá lugar ás 12 da mañá no salón de actos do Ministerio de Sanidade e Política Social, enmárcase na xornada El valor de vivir en un municipio efr que dará comenzo tres horas antes e na que se presentará o novo modelo de xestión efr municipio desenvolvido pola Fundación Más Familia. Será no transcurso da xornada cando se produza a intervención de Mariluz Álvarez Lastra que falará de igualdade. Os representantes dos Concellos de Calviá, Granada, Pozuelo de Alarcón, Salamanca e Ribadeo darán conta das boas prácticas postas en marcha nas súas respectivas corporacións locais.