No acto desta tarde estiveron xunto a Peter Schneider os concelleiros de Cultura e Medio Mariño, Farruco Graña e Paz Ermida.

Esta exposición fotográfica poderá visitarse en Ribadeo ata o 13 de decembro de luns a sábado, en horario de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19 horas polas tardes.

Peter Schneider nace en 1963 en Frankfurt, Alemania. Desde 1988 traballa como fotógrafo en estudios de fotografía social, de publicidade e en axencias publicitarias.
En 1992 comezou o seu traballo como freelance. En 1993 gaña a Bolsa de Arte Fotográfico do Estado Federal de Baixa Saxonia cunha serie sobre Galicia.
De 1998 a 2004 viviu en Malpica (A Coruña). Agora reside en Lugo (España),  desde onde traballa para diferentes axencias de publicidade, empresas e editoriais.
Traballa realizando foto-deseño para imaxe corporativa no mundo da empresa.
Realiza produccións para todo tipo de soportes, campañas de publicidade ou turismo.
Tamén traballa en retratos, reportaxes turísticas, sociais y documentais.
Leva más de vinte años de experiencia en publicidade, arquitectura, Sillife e reportaxes para empresas, axencias de publicidade e editoriais.
Ten feito múltiples exposicións internacionais para Galerías e Museos desde 1992.
Está especializado en Fine Art Printing e tamén no procesado dos materiais branco e negro en analóxico.
Ten más de quince años de experiencia internacional en formación e educación como profesor de cursos e obradoiros de Fotografía e Laboratorio.
Continúa o seu labor en fotografía social e tamén exerce como profesor de fotografía.

ALGUNHAS EXPOSICIÓNS RELEVANTES
1992 Semana Internacional da Arte. Kleinsassen.
1993 Galería de Arte de Wilhelmshaven (Alemania)
1994 Galería Sargadelos. Santiago de Compostela.
1995 Sala de Arte de Bydgoscz (Polonia).
1996 Museo Marítimo de Rótterdam (Holanda).
1997 Galería Perspectiva de Wilhelshaven.
1999 Escola de Imaxe e Son de A Coruña.
2003 Sala de Madariaga, A Coruña
2004 Museo de Bergantiños, Carballo
2006 Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela
2008 Galería Amararte, Lugo. Kiosco Alfonso, homenaxe a “Curros Enríquez”, (colectiva)
2010 Museo Provincial, Lugo
2010 – 2011 Museo do Mar de Galicia, Vigo
2011 Feria de Arte SP-Foto, Sao Paulo, Brasil
2011 Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela