<p>A sala OMIC de Ribadeo acolle a exposición “Memorias de un fotógrafo”. O artista ecuatoriano Christian Carabalí, e o técnico de Cultura, David Díaz, inauguraron onte unha atractiva mostra fotográfica que conta con máis de trinta imaxes da Mariña luguesa, caracterizadas pola luminosidade e a utilización de novas técnicas. A exposición estará aberta ata o vindeiro 16 de marzo. </p>