Esta exposición está inspirada nas primeiras emocións que nacían dentro do autor ao camiñar baixo a luz da lúa. Ramón de Pérez García cree que o brillo do astro lunar é capaz de crear sensacións tan íntimas.

O autor desta mostra comparte tamén as emocións que a lúa inspira na poeta Julia Rodríguez, a través de fermosas composicións cheas de sensacións. A exposición tamén inclúe unha pequena mostra do que suxiren as emocións luxuriosas que formará parte do próximo traballo de Ramón de Pérez García.

Pode visitarse esta mostra fotográfica ata o vindeiro día 29 deste mes de xuño na OMIC durante o seu horario habitual.