Os próximos 2 e 3 de xaneiro, en horario de 11:00 a 13:00 realizaranse obradoiros de pintura interxeracional no CAPM “A Concordia”, coa colaboración do Excmo Concello de Ribadeo.

Dirixidos á rapazada entre 10 e 14 anos e as inscricións poden formalizarse na Casa da Xuventude ou nos tfnos 98212989//638299573. (Prazo de inscrición do 11 ao 18 de decembro. Gratuitas).

Temos como obxectivo a creación colectiva dun particular nacemento onde o abano de posibilidades xurdirá da creatividade conxunta. As actividades interxeracionais son unha aposta importante no proxecto do Centro de Día. A experiencia e os coñecementos das persoas usuarias do CAPM serán a ponte viva cara á nosa historia e tradicións.