Suárez Barcia dixo que “con esta desagradable circunstancia en Ribadeo, a pesares de que segue a ser un sitio tranquilo e que seguirá a ser, estou certamente preocupado por estes picos de delincuencia que se están a producir nestes últimos anos. Boa proba delo son os roubos cometidos hai dúas noites en varios locais”.

O alcalde cre que “debemos seguir mantendo a coordinación coas forzas de orde público, ben sexa a Garda Civil, ben sexa a Policía Local. Debemos ter unha nova xunta local de seguridade aproveitando que temos un novo subdelegado do Goberno en Lugo. Xa me puxen en contacto esta mañá con él para demandarlle coa maior urxencia, si é posible nestes vindeiros días, ter unha nova xunta local de seguridade aquí en Ribadeo para abordar unha maior coordinación e unha maior presenza de efectivos para evitar este tipo de actos”.

O rexedor considera que “se trata dunha situación excepcional, aínda que hai que recoñecer que nos últimos tempos está empezando a ser habitual. Quero e faremos o posible para que Ribadeo siga a ser o que foi, un sitio tranquilo e agradable para vivir e para estar”.