O alcalde, Fernando Suárez, apuntaba este mediodía que “a situación está chegando a ser crítica, de feito xa se colleron trece cabalos, pero aínda hai máis polo monte”. O rexedor amosa as súas dúbidas de que esta situación sexa fortuita e suxire que “poida ser de xente que agora non se queira facer cargos deles diante da situación de responsabilidade económica á que debería facer fronte”.

Suárez Barcia subliña que “esta labor absolutamente extraordinaria para un Concello é considerada moi necesaria” e lamenta que “ningunha outra administración se faga cargo desta situación deixando só ao Concello como garante da conciliación dos intereses dos veciños”.