<p>Cinco rúas recibiron este mediodía o seu nome, tras o acordo acadado pola Corporación Municipal de Ribadeo hai xa meses. O alcalde, Fernando Suárez, varios membros do equipo de goberno e representantes dos partidos políticos da oposición participaron nos actos que tiveron lugar hoxe na rúa Juan Suárez Acevedo, na rúa da Lodeira, na rúa Irmáns Suárez Couto, na avenida Irmáns Pérez Prieto e na rúa da Illa Pancha.</p>