Un grupo de alumnas de 2º da ESO foi a encargada de entrevistar aos xornalistas Juana Carrera da COPE, José Alonso de La Voz de Galicia e Pablo Villapol de El Progreso. A outra mesa versou sobre a presenza da muller na política, no ensino e na sanidade. Nesta participaron a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, o profesor Manel Yáñez e a enfermeira Carmen Arán.