O rexedor explicou que “no día de hoxe estamos a repartir as tarxetas de renovación dos postos do mercado semanal de Ribadeo, despois de que hai xa mes e pico aprobásemos unha ordenanza, que estivo en exposición pública ata o venres pasado, e agora temos que notificar ás persoas que cumpriron cos seus requisitos a autorización anual”.

Suárez Barcia subliñou que “temos en total 66 renovacións e 8 postos novos, que levaban moitísimo tempo agardando en lista de espera. Isto significa que este mercado goza non de boa senón de moi boa saúde, como demostra que tantos profesionais queiran seguir vindo aquí”. O alcalde lembrou que “o que tivemos que soportar e sofrir no goberno municipal de Ribadeo, hai uns dous anos, cando de maneira inxusta se nos fixo unha manifestación, os membros da Corporación que están na oposición azuzaron, pero ao final non conseguiron absolutamente nada”. O rexedor de Ribadeo dixo que “nós en cifras conseguimos recaudar moitísmo máis sen incrementar as taxas, simplemente co estricto cumprimento de que cada un debía pagar pola superficie que ocupaba. E así pasamos no ano 2006 de recaudar uns 36.000 euros ao 2010 recaudando uns 57.000 euros anuais e agora neste 2011 cambiamos o sistema de pago para facérllelo máis atractivo aos ambulantes, para que teñan menos excusas e problemas e agora unha vez aprobada definitivamente a ordenanza é cando se procede á renovación das autorizacións anuais”.

Fernando Suárez engadiu que da estas explicacións porque “hai tres ou catro semanas tiven unhas críticas infundadas, como moitas veces se me fan por parte da oposición porque como non teñen materia de onde sacar se adican a difamar. Pero agora vemos como todo volta á normalidade, hai máis xente que nunca, o mercado de Ribadeo goza de moi boa saúde e recaudamos máis que nunca, eso sí sen subir as tarifas nin un só céntimo”.