A edil declarou que “o Concello de Ribadeo ven de recuperar a fonte de Guimarán, que se atopa no comezo da estrada do faro. Trátase dun recuncho do noso casco histórico que quixemos poñer en valor e mellorar cunha serie de actuacións que incluíron o arranxo das paredes que a rodean, coa posta en funcionamento da propia fonte que agora mesmo xa conta con auga e coa mellora do espazo no que está situada”.

Mónica Freire engadiu que “o orzamento desta actuación foi de 8.200 euros e con estas melloras o que queremos tamén é poñer en valor estes pequenos, pero importantes espazos dentro da historia de Ribadeo”.