O rexedor indicou que “se trata neste caso de facer unhas pequenas actuacións e ao mesmo tempo importantes. Estoume a referir ao pintado do edificio, ao pintado das fachadas do centro de día, que adoece de determinadas patoloxías relacionadas coa salitre, xa que no seu día foi un matadoiro”.

Suárez Barcia explicou que “imos tamén reparar e impermeabilizar a cornixa, que ás veces da mostras de que hai fragmentos que se desprenden e non queremos ter ningún problema de seguridade nin para os usuarios nin para o público en xeral”.

O alcalde subliñou que “o centro de día funciona moi ben e os seus usuarios están moi contentos” e engadiu que “con estas obras contribuímos a mellorar, como se está a facer ao longo destes anos, o casco vello de Ribadeo para que no seu conxunto sexa un lugar moi agradable e un recurso turístico e económico de primeira magnitude”.

As obras, que contan coa correspondente autorización de Patrimonio, suporán un investimento de 14.600 euros. Darán comezo a vindeira semana e nun breve prazo de tempo estarán rematadas.