O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, explicou que “hoxe se están a levar a cabo uns traballos no Campo da Vía, que é un campo de adestramento para varias modalidades deportivas, entre elas o atletismo. O Concello está a reforzar o recinto onde adestran as persoas que practican atletismo”.

O edil ribadense indicou que “se está a botar xabre, un material especial para que sustente un pouco máis e sexa máis cómodo practicar o atletismo. Tamén se está a encher o foso onde fan os saltos de lonxitude con area especial para esta modalidade. Contamos coa colaboración da Concellaría de Obras, que botou unha man neste traballo, e do Club de Atletismo Ribadeo porque tamén puxo da súa parte”.

Díaz Freije engadiu: “a ver se rematamos estas obras ao longo do día de hoxe. Quedará máis practicable para facer ese deporte e para que perdure un pouco máis no tempo. Estaba en mal estado porque levaba tempo sen facerse nada e estase pasando o pisón”.