A edil de Obras contou que “no día de hoxe acercámonos ata aquí, ata a Rúa da Pega, para comprobar como se están a desenrolar estes traballos de acondicionamento desta zona sur da nosa vila. Coa execución deste proxecto damos un paso definitivo para arranxar un total de 5 rúas dun dos barrios de Ribadeo que non se atopaban en bo estado de conservación e que levaban moitos anos precisando unha mellora”.

Freire Rancaño sinalou que “esta actuación, que inclúe a mellora e o acondicionamento de 5 rúas: Camiño da Pega, Camiño da Ponte da Pega, Rúa A Pega-Camiño do Cemiterio, Veigadaira e Rúa do Río do Amalló, ten un prazo de execución de 3 meses e medio e  conta cun orzamento de case 400.000 euros”.

A tamén alcaldesa en funcións explicou que “estivemos estes últimos meses cun intenso traballo técnico para elaborar un proxecto de mellora de todos estes viarios, que se complicou pola situación económica xeral que estamos a vivir e pola suba de prezos dos materiais, como o aglomerado ou outros subministros. Á vista desta situación tivemos que refacer o proxecto inicial para que recollera este incremento de prezos dos materiais o que elevou o orzamento inicial duns 300.000 euros ata o actual de 398.000 euros”.

Mónica Freire engadiu que “quixemos tamén coordinar estas obras coa canalización soterrada que a compañía eléctrica ten autorizado e estivo a realizar nun treito que coincide con esta obra a fin de non romper posteriormente o novo pavimento”.