A edil ribadense explicou que “nestes días comezamos uns traballos para dotar de alumeado ao camiño que discorre entre a rúa Virxe do Camiño e a avenida de Galicia co fin de humanizar esta parte da vila”.

Mónica Freire dixo que “sabemos que é un camiño moi usado pola veciñanza de Ribadeo e queríamos dotalo de luz canto antes para que nesta época, na que os días son moi curtos, os peóns puideran pasar por alí con total seguridade”.

A concelleira de Obras engadiu que “o orzamento desta obra é de 6.000 euros e os traballos quedarán listos ao longo destes días. Nestas actuacións colocaremos tres luminarias de 40 vatios que serán regulables e con báculos de sete metros”. 

Mónica Freire e o alcalde, Fernando Suárez, supervisaron os traballos.