O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “como se pode ver, mantense a cifra de positivos por coronavirus, dous, aínda que segue a baixar o número de contactos estreitos en seguimento, 10”.

O rexedor manifestou: “coma todos os días, e a risco de ser raiante, quero pedirlle a toda a poboación, aos de todo o ano e aos de fóra, aos maiores e á rapazada: por favor, exercede co voso deber de protexervos para protexer ao resto da sociedade. Este será o único camiño para non desandar este longo camiño”.

Na xornada de onte sábado os contactos en seguimento eran 13 e os positivos por Covid seguían a ser 2.