Segundo ven de informar a Oficina Técnica da TDT de Galicia ao Concello de Ribadeo, os beneficiados poderán disfrutar das novas canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma: Canle 47: TVEHD, TDP (Teledeporte); Canle 44: Cuatro, Canal+Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD; Canle 32: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10; e Canle 58: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV.

O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do plano da homoxeneización de coberturas da Xunta de Galicia que, durante os meses de setembro e outubro, acenderá 65 centros emisores cos novos múltiplex. Para poder seguir estas canles, segundo aseguran desde a Oficina Técnica da TDT de Galicia, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154- ou na web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es

A continuación, bastará con realizar unha busca de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV.