Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade “o espectáculo xirará en torno aos efectos que a maxia da igualdade creará en diferentes ámbitos da vida dunha muller, a da protagonista da historia. Producirase a maxia da igualdade na equiparación salarial, as tarefas do fogar, e en moito máis…”.

Esta actividade está organizada pola Concellaría de Igualdade en colaboración co CIM.